Comunicacións

Propostas de comunicación
Paneis e eixos temáticos
Textos completos das comunicacións
Prazos
Publicación

Propostas de comunicación

As propostas de comunicación deben ser inéditas, non ter sido presentadas previamente noutros foros nin publicadas. Poden estar escritas en galego, portugués, español ou inglés e deberán ser enviadas a través do formulario correspondente ou ben remitidas como documento adxunto ao enderezo de e-mail novasnarrativas.usc@gmail.com, antes do día 6 de outubro de 2017. En todo caso deberá consignarse a seguinte información:

  • Título da comunicación
  • Panel ao que se adscribe
  • Nome e apelidos do autor ou autora
  • Institución ou empresa coa que está relacionado (de ser o caso)
  • Breve curriculum vitae (máximo 100 palabras)
  • Datos de contacto (enderezo postal, teléfono e e-mail)
  • Resumo da proposta (máximo 600 palabras)

O comité científico avaliará as propostas de maneira anónima. As notificacións das propostas aceptadas realizarase antes do día 13 de outubro.

Os autores das comunicacións aceptadas disporán de 15 minutos no seminario para expoñer as mesmas.


Paneis e eixos temáticos

“Perspectivas de xénero”
  • canon artístico e xénero nos séculos XX e XXI
  • teoría feminista na actualidade (modelos teóricos)
  • conceptos e categorías para unha Historia da Arte feminista
  • crítica, Historia da Arte e narrativas transxénero
“Prácticas instituíntes”
  • estudos sobre a crítica institucional
  • espazos independentes, informais e autoxestinados
  • procesos de traballo colectivo nas artes
  • sobre as novas formas de institucionalidade nas artes plásticas
  • creación artística, autoría e propiedade intelectual
“Análise cultural e estudos visuais”
  • arte, imaxe e análise cultural
  • os estudos visuais como desafío á Historia da arte?
  • impacto dos estudos visuais na Historia da arte
  • estudos sobre cultura visual nos museos
  • a exposición como dispositivo narrativo
“Estudos decoloniais”
  • teoría e estudos decoloniais
  • Sobre as relacións entre xeopolítica e canon artístico
  • tensións interculturais
  • globalización na arte


Textos completos das comunicacións

Unha vez notificadas as aceptadas, os autores deben elaborar unha versión máis ampla das comunicacións. Os textos terán un máximo de 4000 palabras e deberán ser remitidos á organización do seminario a través da dirección de correo electrónico novasnarrativas.usc@gmail.com, como documento adxunto editable (.odt, .doc, .docx, .rtf, .txt, …). A data límite para o envío destes textos será o día 19 de novembro. As actas en formato dixital, coas comunicacións completas, estarán dispoñibles ao longo deste mes, coincidindo coa celebración do seminario.


Prazos

Data tope para enviar propostas de comunicación: 6 de outubro

Notificación das comunicacións aceptadas: 13 de outubro

Data tope de envío dos textos completos das comunicacións: 19 de novembro


Publicación

Unha vez remitida a versión final das comunicacións, a organización procederá a conformar con elas o libro de actas do seminario. Unha primeira versión, en formato PDF, estará dispoñible durante o mes de novembro. Os autores autorizarán á organización e ao Centro Galego de Arte Contemporánea a publicación dos textos coas imaxes que os acompañen, sen prexuízo de que os autores poida utilizar estes contidos e usalos como consideren oportuno. As imaxes seleccionadas polos autores deben estar libres de dereitos.

Advertisements
%d bloggers like this: